Coñeces o "conto da vaca"?
Cóntao dun xeito breve nunha nova entrada do teu blog, e explica cal é a moralexa do conto. Acompaña a entrada cunha imaxe apropiada.
Valoro a expresión, que a redacción sexa propia, e a ortografía.
lunes, 10 de diciembre de 2012
domingo, 28 de octubre de 2012
En busca da felicidade
Ollaches a película "En busca da felicidade" do ano 2006 protagonizada polo actor Will Smith e o seu propio fillo. Esta película está baseada na historia real de Christopher Paul Gardner. Vai á páxina de wiki onde nos conta a súa historia e logo fai unha entrada no teu blog coa seguinte información:
Nin que dicir ten que valoro a expresión propia e a ortografía... e que rexeito totalmente a técnica copio-pego.
Esta actividade pondera o dobre na avaliación.
- Resumo da súa biografía unindo a información que obtiveches da película e da wiki (3 ptos).
- Sinala, polo menos, dúas cousas que aparecen na película e que non se corresponden coa realidade (2 ptos).
- A partir das características do emprendedor (ficha entregada en clase), indica algún momento da vida de Gardner onde amosase cada unha desas características (4 ptos).
- Ilustra esta entrada cunha foto de Paul Gardner (1 pto).
Nin que dicir ten que valoro a expresión propia e a ortografía... e que rexeito totalmente a técnica copio-pego.
Esta actividade pondera o dobre na avaliación.
jueves, 27 de septiembre de 2012
A última lección de Randy Pausch
Olla este vídeo.
Randy Pausch foi un profesor estadounidense ao que se lle diagnosticou un cancro mortal de páncreas. Nesta 'Última lección' repasa algúns capítulos da súa vida e o aprendido a partires dos mesmos. Todos eles son aplicables para o emprendedor.
Incrusta este vídeo no teu blog e fai un comentario sobre el. Este comentario debe conter:
- A túa valoración (que che pareceu)
- Indica tres das "recomendacións" das que fala andy.
- Selecciona a frase que máis che gustase de todas cantas dixo.
- Selecciona a frase que máis che gustase de todas cantas dixo.
Ollo co ortografía e a calidade de expresión... Todo conta.
lunes, 24 de septiembre de 2012
jueves, 20 de septiembre de 2012
Benvidos a blog de OIE
Este é o blog da materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras (coñecida por OIE).
Este vai ser o noso libro de texto e os vosos blogs van ser as vosas libretas de clase.
Espero que ao longo do curso podamos comprobar que traballar, aprender e pasalo ben non son para nada incompatibles. En calquera caso, os vosos blogs darán testemuña do voso traballo...
Este blog é complementario ao espazo www.miguelcarricoba.com onde teremos máis recursos para a materia.
Unha cousa tedes que saber: eu avaliarei o voso traballo, e entre os criterios nos que me vou fixar estará a ortografía e a expresión correctas. Pensade que esta é unha plataforma aberta ao mundo... e o mundo ten que ver que sodes persoas competentes... porque o sodes... non si?

Suscribirse a:
Entradas (Atom)