jueves, 27 de septiembre de 2012

A última lección de Randy Pausch



Olla este vídeo.
Randy Pausch foi un profesor estadounidense ao que se lle diagnosticou un cancro mortal de páncreas. Nesta 'Última lección' repasa algúns capítulos da súa vida e o aprendido a partires dos mesmos. Todos eles son aplicables para o emprendedor.

Incrusta este vídeo no teu blog e fai un comentario sobre el. Este comentario debe conter:
- A túa valoración (que che pareceu)
- Indica tres das "recomendacións" das que fala andy.
- Selecciona a frase que máis che gustase de todas cantas dixo.
Ollo co ortografía e a calidade de expresión... Todo conta.

jueves, 20 de septiembre de 2012

Benvidos a blog de OIE

Este é o blog da materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras (coñecida por OIE).

Este vai ser o noso libro de texto e os vosos blogs van ser as vosas libretas de clase.

Espero que ao longo do curso podamos comprobar que traballar, aprender e pasalo ben non son para nada incompatibles. En calquera caso, os vosos blogs darán testemuña do voso traballo...

Este blog é complementario ao espazo www.miguelcarricoba.com onde teremos máis recursos para a materia.

Unha cousa tedes que saber: eu avaliarei o voso traballo, e entre os criterios nos que me vou fixar estará a ortografía e a expresión correctas. Pensade que esta é unha plataforma aberta ao mundo... e o mundo ten que ver que sodes persoas competentes... porque o sodes... non si?